Aplausos merengues para goles culés

0-3... 0-3... 0-3... Nin máis nin menos, que tres goles no Santiago Bernabeu, para facer que o público tivera que renderse ante a clase de Ronaldinho, Eto´o e compañía... Tres latigazos... Tres espectaculares goles que nin Deus sabe se se volverán a repetir...
Os brancos saíron coas de perder dende o comezo do partido... Neste partido comprobouse que perla era a millor: Leo Messi estivo á altura do partido, mentres Robinho deixou, en todo o partido, un regate e un centro sen rematador. Messi significou velocidade, desparpaxo, atrevimento, pase pero... falta de definición. A Pulga só tivo que definir, pero non o conseguiu. Jimmy Jump fixo acto de presencia ó comezo do partido, burlando os gardas de seguridade... No principio da segunda metade sae Mark Roberts... De streakers estivo o partido, porque ós merengues quedaron en bolas ante o esplendor do Barça.
A festa comezou cun gol de Samuel, nin máis nin menos, un xiro no que dribla a tres rivais e un tiro recto eficaz, certero... Casillas nada puido facer... A festa continuou na primeira parte coas entradas de Messi... Tiña louca á defensa branca, driblando sen parar...
Lembro coma me levantei cando na segunda metade, Dinho marcou o segundo gol... Colle o balón no medio do campo, vaise de Sergio Ramos cunha facilidade pasmosa, continúa correndo... e cun sutil recorte hacia a súa perna dereita, rómpelle a cadeira a Helguera e bate a Casillas, de maneira exemplar. O salto foi meirande ca co gol anterior... Tres amigos do Barça, o resto do Madrid... Coma rimos nolos tres...
A guinda foi o terceiro... Dinho outra vez arrancou dende o medio do campo... Cando vin que o astro brasileiro collía o balón... gritei: Dinho! LÍALA! ti sabes!... Dito e feito. Volve a sentar a Sergio Ramos, e bate de disparo cruzado a Casillas de forma espectacular...
Os aplausos comezaron a soar nun Bernabeu no que Laporta non puido celebrar os goles... Aínda por riba hoxe tamén lle gaña o Werder Bremen por tres goles a un... Se cando se está en racha, estase...
0 comentarios